Logo site

TRADUCIONSTAM



tamara_aymerich_correa.jpg

Son Diplomada de Estudos Avanzados  en Tradución e Interpretación, do Programa de Tradución E Paratradución, pola Universidade de Vigo. Na actualidade, estou a realizar a miña Tese de Doutoramento sobre a Paratradución da Literatura Infantil e Xuvenil. 

No curso 2011-2012 estudei, o Mestrado de Profesorado de Secundaria, na súa especialidade de Linguas Estranxeiras.

Teño habilitación, concedida pola Xunta de Galicia, para a realización de traducións xuradas do francés ao galego e viceversa.

Seguín varios cursos de Francés na Alianza Francesa de Vigo. Ata acadar o nivel C1 do Cadro Europeo Común de Referencia para as Linguas e o primeiro nivel de Francés para os Negocios.

Obtiven o Diploma equivalente ao C1 de Portugués, expedido polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo en colaboración do Instituto Camoés.

Por validación dos estudos da Licenciatura en Tradución e Interpretación, obtiven o Diploma CELGA V (de coñecemento da Lingua Galega), que é equivalente ao nivel C2.

Cunha Bolsa Erasmus, pasei o curso académico 2005-2006 na Universidade de Silesia, en Katowice (Polonia). Onde comecei os meus estudos da lingua polaca, no Instituto de Estudos Polacos. En xullo de 2007 cursei o módulo europeo A2 de polaco na Escola de Lingua e Cultura Polaca, da Universidade Jagiellonska de Cracovia. No ano seguinte acadei, no mesmo centro, o nivel A2+.

Despois do meu ano Erasmus, participei no "Programa de Voluntariado: Apoio a estudantes estranxeiros de nova incorporación", organizado pola O.R.I. (Oficina de Relacións Internacionais) da Universidade de Vigo.

Tres estancias lingüisticas dun mes en Dublin, y unha dun mes en Paris no 2003, na que seguín un curso intensivo de francés na Alianza Francesa. Ademais de estancias de vacacións en varios países europeos, entre outros Francia, Alemaña, República Checa, Austria, Italia,...

Asistente os seguintes Congresos e cursos:

V Simposio Galego de Tradución, organizado pola ATG (Asociación de Tradutores Galegos).

I Congreso Internacional e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil.

I Congreso de tradución para a dobraxe, organizado pola AGPTI (Asociación Galega de Profesionais de Tradución Interpretación).

Curso de "Tradución editorial: calidade e xestión de proxectos", dentro do programa "Cursos de extensión universitaria, 2007" da Universidade de Vigo.

Obradoiro de Extensión Universitaria "OpenOffice avanzado a suite ofimática do Software Libre en galego", realizado dende o 09/03/2009 na ETSE de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, impartido por Claudio F. Filho.

5º Seminário HOT- Hands-on Translation: Investigação em Estudos de Tradução, organizado pelo BabeliUM, Centro de Linguas do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga) nos dias 22 e 23 de Outubro de 2010.

Curso de Formación Continua da AGPTI sobre Tradución médica inglés español, impartido polo profesor Fernando Navarro, os días 29 e 30 de abril de 2011.

II Curso de Formación Continua da AGPTI sobre Tradución médica inglés español, impartido polo profesor Fernando Navarro, os días 24 y 25 de febreiro de 2012.

Curso de Formación Continua da AGPTI sobre coaching, impartido por Xosé Castro Roig, o día 21 de abril de 2012.

Curso virtual Edición de Literatura Infantil e Xuvenil, organizado por Laboratorio de Escritura, e impartido pola profesora Estrella Borrego.

6ºSeminario HOT-Hands On Translation: Divinas criações: A(s)gentes e as Tarefas da Tradução, organizado polo BabeLIUM, centro de Linguas do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), do día 19 ao 20 de xuño de 2014.

Curso de estranxeiría, organizado polo Consello de Avogacía Galega durante o curso académico 2014-2015.
  
EXPERIENCIA

Participei coa ONG Tradutores sen Fronteiras, con sede na FFT da Universidade de Vigo. para o que traducín diversos documentos de ONGs e unha canción para unha coral de Cangas do Morrazo.

Colaborei tamén co grupo MDKtrans, que se adica a tradución do software e documentación de Mandriva,distribución francesa de Linux, e coa Fundación Mageia, que xestiona unha distribución de Linux derivada de Mandriva.

Traduzo documentos do inglés e francés ao galego e español e viceversa. A miña especialidade principal son os textos legais, coa colaboración de varios avogados. Tamén conto coa colaboración de varios técnicos en construción para a tradución de textos relacionados con dito sector.

Realizo traducións do español ao portugués, que son certificadas polo Viceconsulado de Portugal en Vigo, con validade de traducións xuradas en territorio portugués (onde non existe a figura do tradutor xurado, cada tradución debe de certificarse por un notario ou, no estranxeiro, por un cónsul ou vicecónsul). O mesmo órgano realiza a certificación de traducións do portugués ao español, pero debe consultarse no organismo ou empresa destinataria final se lle da validade de tradución xurada ou non.

Represento, na provincia de Pontevedra, a unha axencia que realiza traducións xuradas español-árabe-español.

No campo da tradución literaria teño varias traducións publicadas, tanto en español coma en galego, e outras pendentes de publicación. Na plataforma Babelcube, á venda en moitas das principais librarías dixitais como Amazon, Kobo, La casa del Libro,...: La niñita de la vocecita, título orixinal Joyce de Westerfloyce: The little tiny girl with the little tiny voice, de Matthew Grant; Textos Seleccionados, título orixinal Textos Selecionados, de Jose Anilto dos Anjos; Invasores de Marte – Las Aventuras de Jaoquim e Eduardo, título orixinal, Invasores de Marte: As Aventuras de Joaquim e Eduardo, de Michael Ruman; Fuerzas Opuestas, título orixinal, Forças Opostas, de Aldivan Teixeira Tôrres e Horas Contadas de Denis Lenzi . Baia Edicións publicou as miñas traducións ao galego das fermosas adaptacións ilustradas francesas dos clásicos Drácula e O Mago de Oz. Como pode verse, aínda que teño varias publicacións relacionadas coa Literatura Infantil e Xuvenil, traduzo tamén obras para todo tipo de públicos.


Copyright © 2016 Tamara Aymerich Correa